Foto por Jeaffrey Beall

Calquera comunidade sostense en base á colaboración. O amigo de Galego en Londres deunos unha idea para unha nova sección que comeza a andar hoxe: o taboleiro de traballo.

A partir de agora, cada vez que vexas unha oferta laboral que che pareza interesante compartir con outros galegos e galegas no Reino Unido, podes facelo utilizando este sinxelo formulario e aparecerá automaticamente publicada no web.

Esta ferramenta está fundamentalmente pensada para aquelas persoas que acaban de chegar ao UK e andan na procura dun primeiro traballo, unha tarefa sempre complicada.

Por iso mesmo, desde Galiza no UK facémosvos un chamamento para que colaborades mantendo este taboleiro e lle botedes unha man a aquelas persoas que están comezando.

Tagged with: