O Concello de Coruña xunto con outras entidades do Estado está a desenvolver unha campaña de promoción turística na cidade de Londres chamada #corunarocks.

Ao longo do mes de outubro hai varias actividades programadas para dar a coñecer entre os británicos a localidade herculina.

Tasting sessions
Os días 15, 16 e 18 deste mes (é dicir, que só che queda un se non vas hoxe) poderás achegarte a Canary Wharf para probar algo da comida típica de Coruña e supoñemos que do resto de Galiza

Live music
Tamén dentro do programa #corunarocks está o concerto de The Primitives teloneado pola galega Jane Joyd. Podes atopar máis información do local e prezos das entradas aquí.

Menús coruñentos
Até o día 28 de outubro, os restaurantes Iberica terá un menú especial baseado na cociña da Coruña (e supoñemos que na de Galiza no seu conxunto)

Tagged with: