Hoxe Galiza no UK cumpre seis meses de vida, e van xa 31 entradas e máis de 3000 visitas. Non son unhas cifras espectaculares pero si que amosan un certo interese por parte da comunidade galega. Foi por iso polo que decidín darlle continuidade ao que comezou como un proxecto académico.

Desde un primeiro momento Galiza no UK formulouse como un proxecto aberto e con vontade de integrar a máis xente no medio prazo.

Como todo está feito en base a traballo voluntario, para poder seguir medrando e serlle útil á nosa comunidade precisa de máis persoas que se involucren. E aquí é onde entras ti.

Hai moitos xeitos de colaborar que non quitan moitas horas ao longo da semana. Podes escribir contidos, tanto novas que vaian saíndo como textos máis elaborados. Podes botar unha man xestionando as redes sociais, que están un pouco abandonadas. Podes escribir crónicas ou mandar fotos de actividades galegas ás que vas. Ou podes propor algo que nin se me ocorreu.

Se te animas a botar unha man seguro que podemos facer que isto dea un salto cualitativo.

Conto contigo!

Duarte, fundador de Galiza no UK

Tagged with: