O vindeiro sábado, 15 de setembro, o reintegracionismo será o protagonista no pub The Globe, en Londres. A partir das tres da tarde comeza unha charla informal co escritor Carlos Durão sobre a relación do galego e o portugués.

Esta iniciativa, promovida dende o grupo ‘Galegos morriñentos en Londres’, busca achegar sen prexuízos o reitegracionismo a calquera persoa. A idea é que entre unha pinta e outra vaian xurdindo preguntas, debates e mesmo cuestionamentos.

Por se te queres achegar The Globe atópase preto de Covent Garden, en Bow Street. E non deixes que confirmar asistencia no evento de Facebook e ponte en contacto con outra xente que vai ir.

 

Carlos Durão

Profesor e escritor. Persoa moi activa na comunidade galega no Reino Unido. Nos 70 foi cofundador do Grupo de Traballo Galego de Londres, participou activamente no comité de cultura do Centro Galego e durante moito anos organizou o Día da Patria Galega e máis o das Letras Galegas no UK.

O seu activismo lingüístico levouno a ser un gran defensor do reintegracionismo lingüístico, participando en colectivos como a Associaçom Galega da Língua (AGAL) e a Academia galega da Língua Portuguesa (AGLP).

Se queres máis información sobre o autor, déixate caer pola súa ficha no centro de documentación da Asociación de Escritores en Lingua Galega, onde tamén aparece unha relación da súa obra literaria.

  • Isabel

    Muitos parabéns aos galegos do UK pela organização desta palestra. A nossa língua galega, conhecida fora da Galiza como língua portuguesa, merece toda a nossa atenção e boas intenções. Os prejuízos ou preconceitos não ajudam a que nos sintamos melhor, nem a sermos melhores. Há que derrotá-los! Ânimo e de novo, MUITOS PARABÉNS!