Agora que só faltan dous días para as eleccións, en Galiza no UK propoñemos facer unha pequena enquisa entre a comunidade para ver que ten pensado votar (ou máis ben que votou) a comunidade emigrante nestas autonómicas.

Se queres participar non tes máis que premer nesta ligazón e marcar o teu voto.

Non fai falla dicir que esta enquisa non ten ningún tipo de rigor científico e que ten unha función máis de divertimento que de marcar tendencia algunha. De calquera xeito, anímate a participar!

Tagged with: