Queres votar nestas eleccións autonómicas e vas estar no Reino Unido? Ben, pois para iso fixemos esta breve guía de preguntas e respostas. Pero primeiro vas ser ti quen nos teña que responder a nós.

Es deses emigrantes xa instalados que se rexistrou no Censo Electoral de Residentes Ausentes ou aínda segues censado no teu concello en Galiza?

  1. Son dos do CERA
  2. Nin idea de que é iso do CERA, así que serei dos outros

Estas eleccións non son iguais que as anteriores autonómicas?

Non, agora vaise empregar o mesmo sistema das eleccións xerais, o chamado voto rogado. Isto quere dicir que tes que solicitar formalmente a túa intención de exercer o dereito a sufraxio.

Como solicito o voto rogado?

Tes que enviar este impreso cuberto á Delegación Provincial do Censo Electoral xunto cunha copia do teu Documento de Identidade, pasaporte ou, no seu defecto, certificado de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular.

Como envío a documentación?

Tes que facelo por correo ou por fax. Os enderezos das oficinas nas 4 provincias galegas son os seguintes:

A Coruña:
Adelaida Muro, 12 -15002, A Coruña
Fax: 981 20 62 35

Lugo
Rua Pintor Corredoira, 1 – 27002, Lugo
Fax: 982 24 68 72

Ourense
Sáenz Diez, 42 – 32003, Ourense
Fax: 988 37 40 61 e 988 21 09 89

Pontevedra
Iglesias Vilarelle, 2 – 36001, Pontevedra
Fax: 986 89 61 24

Até cando podo enviar a documentación?

O prazo remata o 22 de setembro.

Xa teño toda a documentación enviada, agora que?

Agora toca agardar. A Oficina do Censo Electoral vaiche enviar ao teu domicilio no UK todo o que precisas para exercer o teu dereito a voto.

E como voto?

Pois hai dúas opcións. Por correo ou en urna. Para votar por correo tes que mandar á oficina consular o sobre coa papeleta, o certificado de estar escrito no censo e unha copia do carné de identidade, certificación de nacionalidade ou certificación de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular. Todo isto vaiche chegar a casa unha vez fagas a solicitude. O prazo para enviar o voto remata o 16 de outubro.

Se prefires votar en urna teraste que achegar ao consulado o 17, 18 ou 19 de outubro.

Que consulado me toca a min?

No Reino Unido hai consulados en Londres e en Edimburgo. Dependendo de onde vivas correspóndeche un ou outro. Aquí tes a relación de rexións nas que ten xurisdición cada oficina:

Londres
Bedfordshire, Berkshire, Blaenau Gwent, Bridgend, Bristol, Buckinghamshire, Caerphilly, Carmarthenshire, Cambridgeshire, Cardiff, Ceredigion, Conwy, Cornwall, Denbighshire, Derbyshire, Devon, Dorset, East Sussex, East Riding of Yorkshire, Essex, Flintshire, Gloucestershire, Greater London, Gwynedd, Hampshire, Herefordshire, Hertfordshire, Isle of Anglesey, Isle of Wight, Isles of Scilly, Kent, Leicestershire, Lincolnshire, Merthyr Tydfil, Monmouthshire, Neath Port Talbot, Newport, Norfolk, Northamptonshire, Nottinghamshire, Oxfordshire, Pembrokeshire, Powys, Rhondda Cynon Taf, Rutland, Shropshire, Somerset, South, Yorkshire, Staffordshire, Suffolk, Surrey, Torfaen, Vale of Glamorgan, Warwickshire, West Midlands, West Sussex, Wiltshire, Worchester e Wrexham

Este consulado tamén ten xurisdición sobre Bermudas, Cayman Islands, Falkland Islands, Gibraltar, Guernsey, Jersey e Isle of Man

Edimburgo
Escocia, Norte de Irlanda, Cleveland, Cumbria, Durham, Cheshire, Greater Manchester, Lancashire, Merseyside, North Yorkshire, Northumberland, Tyne & Wear eWest Yorkshire

A que enderezo teño que enviar o meu voto?

Se o teu consulado de referencia é Londres, envíao a:

Consulado General de España en Londres
20 Draycott Place London SW3 2RZ

Se o teu consulado de referencia é Edimburgo envíao a:

Consulado General de España en Edimburgo
63 North Castle Street Edinburgh EH2 3LJ

Como solicito o meu voto?

Tes que cubrir este formulario e entregalo persoalmente no consulado (mira cal che corresponde). Alí tamén te inscribirán como non residente no Rexistro de Matrícula Consular. Recorda que para facer isto vanche pedir fotos carné, así que non as esquezas.

Até cando podo solicitar o voto?

Nunca máis tarde do 22 de setembro.

E despois como voto?

Mandaranche documentación a casa e terás que enviar o teu voto por correo certificado non máis tarde do 17 de outubro. Xa che poñerán alí o enderezo ao que o tes que mandar.

Tagged with:
 
  • Diego

    E se xa estou no CERA pero teño que cambiar de consulado? Nas anteriores elecións inscribinme no consulado de Edimburgo porque era o que me tocaba daquela mais agora o que me toca é o de Londres.
    Grazas!

  • Galiza no UK

    Isto habería que confirmalo co consulado, pero tendo en conta que envían a documentación ao teu domicilio, probabelmente terías que comunicar en Londres o teu cambio de residencia. Pero como dicimos, isto habería que confirmalo con eles.

  • Galiza no UK

    Isto está sacado do web do consulado.

    “Es muy importante tener en cuenta que si en el futuro un español residente en el extranjero cambia de domicilio, debe comunicarlo al Consulado, para que su inscripción tenga permanentemente los datos actualizados.”

  • GZnoUK

    Isto habería que confirmalo co consulado, pero tendo en conta que envían a documentación ao teu domicilio, probabelmente terías que comunicar en Londres o teu cambio de residencia. Segundo poñen no web do consulado, é importante manter os datos actualizados.

    “Es muy importante tener en cuenta que si en el futuro un español residente en el extranjero cambia de domicilio, debe comunicarlo al Consulado, para que su inscripción tenga permanentemente los datos actualizados.”