Se o outro día falabamos do programa do PSdeG, hoxe toca meterlle o dente ao do Bloque Nacionalista Galego.

Se ben o BNG non presenta propostas dirixidas á comunidade galega no exterior, si que fai bastante fincapé en denunciar a marcha de moitos mozos e mozas cara a emigración.

Boa parte do seu programa electoral baséase en alternativas para garantir a creación de postos de traballo no propio país que eviten que a xente teña que ir buscar oportunidades fóra.

Para acadar isto, os nacionalistas defenden en primeiro lugar dotar a Galiza dun maior teito competencial para ter control sobre a economía. Isto permite, segundo o BNG, pontenciar desde as institucións autonómicas os sectores produtivos tradicionais galegos, e invertir en I+D+i.

Se queres botarlle un ollo a todas as propostas programáticas do Bloque, podes descargalas aquí.

Tagged with: