Novo persoal no Centro de Estudos Galegos de Birmingham e novas actividades.

O vindeiro luns día 19 organizan un recital poético musical baixo o título de ‘Nómade’ que contará coa participación da poetisa María Rosendo e o músico Mano Panforreteiro.

O acto terá lugar ás 21.15 no concert hall do Barber Institute of Fine Arts da University of Birmingham.