Currently viewing the tag: "Actividade"

O vindeiro sábado, todo galego e galega de bo comer e bo beber ten unha cita obrigada en Londres. Os Galegos Morriñentos organizan unha queimada seguindo o ronsel de festas populares que levan celebrando nos últimos meses. Terá lugar no mesmo sitio que o magosto de novembro, o restaurante La Bodega de Notting Hill e [...]

Ler máis

Novo persoal no Centro de Estudos Galegos de Birmingham e novas actividades. O vindeiro luns día 19 organizan un recital poético musical baixo o título de ‘Nómade’ que contará coa participación da poetisa María Rosendo e o músico Mano Panforreteiro. O acto terá lugar ás 21.15 no concert hall do Barber Institute of Fine Arts [...]

Ler máis

Os Galegos Morriñentos en Londres organizan o seu xa tradicional magosto o vindeiro sábado día 10 de novembro. A localización para tan senlleiro evento é o restaurante “La Bodega” de Notting Hill. Haberá cea por un prezo de 12 libras (bebida aparte) e se levas unha presa de castañas xa chas asan alí. A hora [...]

Ler máis

Os Galegos Morriñentos en Londres organizan un curso de portugués para galegofalantes. Custa 52 libras e durará 5 semanas. As clases terán lugar os xoves á noitiña entre o 8 de novembro e o 6 de decembro de 19.35 a 21.05. Esta actividade está organizada xunto cun centro de educación para adultos chamado City Lit [...]

Ler máis

O Concello de Coruña xunto con outras entidades do Estado está a desenvolver unha campaña de promoción turística na cidade de Londres chamada #corunarocks. Ao longo do mes de outubro hai varias actividades programadas para dar a coñecer entre os británicos a localidade herculina. Tasting sessions Os días 15, 16 e 18 deste mes (é [...]

Ler máis

A Universidade de Cardiff vai ser a sede do X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos que se celebrará entre o 12 e o 14 de setembro baixo o título “Galiza alén do arco Atlántico. Unha visón multidisciplinar dos estudos galegos”. Nos tres días de congreso intervirán máis de 120 relatores de distintas disciplinas [...]

Ler máis

Se estás en Londres e andas morriñento, sempre tes a posibilidade de deixarte caer polo Victoria & Albert Museum para ver a réplica exacta do Pórtico da Gloria que fixeron aló polo ano 1866. Pero se isto aínda che sabe a pouco, o día 15 de xuño o museo e a Fundación Barrié organizan unha [...]

Ler máis

A universidade de Oxford é unha das institucións de educación superior máis coñecidas e prestioxas do mundo. Nela formouse unha boa parte da elite política e intelectual do Reino Unido, desde Margaret Thatcher até Kean Loach, pasando por Tony Blair ou Tariq Ali. Pero o que resulta difícil de imaxinar é que aparte de futuros [...]

Ler máis